viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO CondadoA incidencia baixa en Ponteareas mentres sobe nas Neves e en Mondariz

A incidencia baixa en Ponteareas mentres sobe nas Neves e en Mondariz

A presenza da COVID-19 baixa en Ponteareas e aumenta nas Neves e en Mondariz. Amáis, en Pazos de Borbén o virus deixou de circular en 7 días.

Segundo a última actualización de Sanidade, a incidencia baixa no concello de Ponteareas ao situarse agora na segunda máis baixa que contempla o SERGAS. Á vez, a COVID-19 deixou de circular entre a veciñanza de Pazos de Borbén. Pola contra, sobe a presenza do virus no concello das Neves e de Mondariz.

Ponteareas sitúase agora, xunto con Salvaterra de Miño e O Porriño, na segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade. Isto é, entre 10 e 25 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Ningún deles supera o abano do 1-9 positivos en 7 días.

En Pazos de Borbén o virus deixou de circular durante 7 día entre os seus veciños e veciñas aínda que manten casos coa perspectiva de dúas semanas, ao igual que Fornelos de Montes, polo que non se pode incluir na listaxe dos concellos libres do virus como si o están O Covelo, Arbo, Mondariz-Balneario e Oia. Baiona sitúase tamén na incidencia máis baixa con menos de 10 positivos por 100.000 habitantes nunha semana.

As Neves comparte arestora incidencia con Crecente, Salceda de Caselas e Mos ao superar os 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. Só Mos supera o abano dos 1-9 positivos en 7 días con 15, un menos que na xornada anterior.

Os demais municipios manteñen a súa situación epidemiolóxica con respecto a onte, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Gondomar, Tui, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior e A Cañiza, ao rexistrar entre 25 e 75 casos por 100.000 habitantes nunha semana. A esta mesma incidencia sobe Mondariz. Son os municipios de Nigrán con 10 (-1); Vigo con 142 (-52) e Redondela 15 (-2) os que superan o abano dos 1-9 positivos. 

817 casos activos na Área Sanitaria de Vigo

O SERGAS notifica que na área son 817 casos activos en COVID-19. Isto é, 26 menos que onte. Descende a presión hospitalaria ata os 33 pacientes ingresados, 7 menos que na anterior xornada e 11 na UCI, un máis.

A Área Sanitaria de Vigo segue como a que máis casos activos rexistra, séguelle a da Coruña con 598.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES