sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasA COVID-19 volve á Cañiza

A COVID-19 volve á Cañiza

A Cañiza presenta agora unha incidencia entre 10 e 25 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana cun abano de 1-9 positivos, segundo o SERGAS.

Segundo Sanidade, o virus volve circular entre a veciñanza da Cañiza logo de 22 días sitúandose entre os municipios libres de COVID-19. Amáis, aumenta, de novo, a incidencia en Tomiño e baixa na Guarda.

Cun abano de 1-9 contaxios,  A Cañiza sae da listaxe dos municipios nos que o virus deixara de circular. Entrara neste grupo na actualización do 23 de abril. Arestora presenta a segunda incidencia máis baixa que contempla o SERGAS ao rexistrar entre 10 e 25 casos por 100.000 habitantes nunha semana. A mesma incidencia á que descende A Guarda.

A presenza da COVID-19 entre os veciños e as veciñas de Tomiño varía en cada actualización. Se na anterior xornada, a incidencia deste concello do Baixo Miño sitúabase coa maioría dos municipios das comarcas, agora volve situarse nunha superior ao contar entre 75 e 125 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. Son 11 casos, un máis que onte.

Salvaterra de Miño sobe ata a mesma da maioría dos municipios: entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Con todo, non supera o abano dos 1-9 casos. Nesta mesma situación epidemiolóxica continúan Baiona, Gondomar, Nigrán, Vigo, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Fornelos de Montes, Salceda de Caselas, O Porriño, Mos e Ponteareas. Deles, superan os 9 positivos entre a súa veciñanza, Redondela con 18 ((+1); Vigo con 199 (+13), Ponteareas 15 (-2) e Tui con 12 (+3).

Nas Neves non hai ningún contaxio en 7 días mais mantén casos a 14 polo que aínda non é posible incluílo entre os concellos nos que o virus deixou de ciruclar como é o caso do Rosal, Oia, Covelo, Crecente, Arbo, Mondariz e Mondariz-Balneario.

A Área Sanitaria de Vigo continúa como a que máis casos activos rexistra do conxunto de Galicia cun total de 859, igual que na anterior actualización do SERGAS. Son tres pacientes máis ingresados en camas convencionais ata os 40 e descende en dous os que precisan de coidados intensivos ata os 11.

A área tamén é a que máis pacientes ingresados ten nas UCI, séguelle a da Coruña con 9.

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS