jueves, noviembre 7, 2024
InicioComarcasO CondadoVolve a Clásica Álvaro Pino a Ponteareas

Volve a Clásica Álvaro Pino a Ponteareas

A Marcha Cicloturista, que volve tras cinco anos da man dunha asociación deportiva local e do Concello de Ponteareas, terá lugar o 3 de outubro no Condado Paradanta.

 O gran fondo cicloturista que leva o nome do ilustre exciclista ponteareán volve a Ponteareas despois de 5 anos sen celebrarse e xa ten data oficial, o 3 de outubro.

A marcha estrea un novo organizador, a asociación deportiva Plan  C, en colaboración co Concello de Ponteareas. A pesar dos anos a Clásica mantén todos os obxectivos e a esencia de anos anteriores, seguir sendo unha das referencias do calendario cicloturista nacional e, ao mesmo tempo, manter viva na memoria de todos a excelente carreira deportiva desenvolvida polo ex corredor Álvaro Pino.

Trátase dun percorrido de 110 quilómetros, con saída (9:30 horas) e chegada a Ponteareas, cun tramo inicial neutralizado e o resto a velocidade libre, pero tentando reagrupar aos corredores nos avituallamentos da Cañiza e Covelo tentando así evitar a dispersión. A marcha pasará por 7 concellos (Ponteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, Cañiza, As Neves e Salvaterra), terá máis de 2.000 metros de desnivel acumulado nun percorrido esixente pero asumible, e pasará por 3 altos de montaña.

A presentación oficial da marcha terá lugar o 13 de maio, coincidindo co 35 aniversario da vitoria de Álvaro Pino na Volta a España, e contará coa presenza do ciclista.

A organización, que estima unha participación de 400 corredores, quere destacar a importancia dos patrocinios para a celebración deste evento: Grupo Sestelo, Axa Jose Alfaya, Rodosa, Darlim, Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra, GDR Condado Paradanta e numerosos comercios locais que colaborarán neste evento deportivo.

Sete concellos na Clásica Álvaro Pino

Os primeiros pasos xa se están dando este ano, no que se estrea percorrido, «buscando unha maior beleza paisaxística e contribuíndo á promoción de novos enclaves da provincia de Pontevedra», sinalan os organizadores. 

Sete serán os  concellos que poderán vivir de preto a Clásica Álvaro Pino, que partirá e finalizará en Ponteareas.

O evento conta cunha páxina web www.clasicaalvaropino.com a través da cal se poderán realizar as  inscricións a partir deste venres 14 ás 10 horas. Tamén contan con Facebook, Instagram e Twitter (@ClasicaPino) na que manterán informados a todos os participantes sobre o desenvolvemento da carreira.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS