lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsComarcasArbo, libre de COVID-19 mentres a incidencia aumenta en Tomiño

Arbo, libre de COVID-19 mentres a incidencia aumenta en Tomiño

Tomiño presenta, arestora, unha incidencia que supera os 125 casos por 100.000 habitantes nunha semana, a segunda máis alta das comarcas.

Segundo a última actualización de Sanidade, soben os contaxios en COVID-19 no concello de Tomiño por segundo día consecutivo. Desta vez, son catro máis que onte ata os 18. Así, a incidencia deste municipio do Baixo Miño aumenta ata rexistrar entre 125 e 250 positivos por 100.000 habitantes nunha semana, preto da zona considerada de risco polo SERGAS. Mentres, Arbo súmase ás localidades nas que o virus deixou de ter presenza tanto a 7 como a 14 días.

O municipio que presenta a incidencia máis alta da bisbarra é o de Fornelos de Montes, na zona de risco. Supera os 250 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. Con todo, non son máis de 9 casos no municipio pois, segundo fontes santiarias, trátase dun gromo en COVID-19 que afecta a cinco membros dunha mesma familia.

Séguelle, nesta última actualización de Sanidade, Tomiño. O concello do Baixo Miño sitúase na segunda incidencia máis alta que contempla o SERGAS con máis de 125 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Son 18 positivos, catro máis que onte. Xa na anterior xornada o municipio rexistrou un aumento ao situarse con máis de 75 por 100.000.

Soutomaior, con non máis de 9 contaxios e O Porriño, con 16,  manteñen a súa situación epidemiolóxica entre os 75 e os 125 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana.

En Baiona tamén soben os contaxios. Con todo, o concello continúa lonxe da zona de risco xa que se sitúa nunha das incidencias máis baixas xunto con  Redondela e Nigrán. Ningún deles supera o abano dos 1-9 contaxios.

A boa nova ten que ver coa comarca da Paradanta. Arbo súmase a Oia, O Covelo, Crecente, Mondariz e Mondariz-Balneario, como municipios libres de COVID-19. Non se rexistrou ningún caso nin nunha semana nin en dúas.

A Guarda e O Rosal mantéñense na incidencia máis baixa con menos de 10 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana ao igual que Tui, Gondomar, Vigo, As Neves, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Mos, Pazos de Borbén e Ponteareas ao rexistrar entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes en 7 días. Só Vigo ten máis de 9 contaxios, 192 nunha semana, 10 menos que onte.

 De novo, por debaixo dos 900 casos activos

Na Área Sanitaria de Vigo son 897 casos activos en COVID-19, segundo o SERGAS. Isto é, 16 menos que onte. Deste xeito, volve a situarse a área por debaixo dos 900 positivos logo de que, na anterior actualización, Sanidade notificara 913.

Malia todo, a presión hospitalaria aumenta con cinco pacientes máis ingresados en camas convencionais ata os 35. E unha persoa menos nas UCI ata as 12.

A Área Sanitaria de Vigo segue sendo a que máis casos activos rexistra, só por detrás da da Coruña, que conta con 702.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS