O líder dos socialistas en Galicia, Gonzalo Caballero, pide á Xunta que a comunidade avance na desescalada co fin do estado de alarma.
Caballero mantivo unha xuntanza cos alcaldes e concelleiros do PSDG-PSOE do Condado e da Paradanta co fin de poñer en valor o traballo dos representantes na comarca. A xuntanza foi en Ponteareas e aproveitou a ocasión para facer público o seu apoio al alcalde da vila do Corpus, Xosé Represas, que vén de renunciar ao cargo por motivos de saúde.O socio de goberno apoiará á candidata que presente o BNG, segundo o confirmou o líder dos socialistas en Galicia.
Ao ser preguntado polos medios, Caballero pide á Xunta que Galicia avance na desescalda a partir do 9 de maio e que se amplíe o horario da hostalería, «co modelo Asturias», di. Amáis, asegura que a campaña de vacinación permite dar ese paso. Neste senso, pediulle ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que coopere co executivo central.
En canto ao resultado das eleccións na comunidade de Madrid, o líder dos socialistas recoñece que «evidentemente non lle gustan os resultados». Con todo, Gonzalo Caballero cre que Núñez Feijóo «é o que está máis aterrado polo triunfo de isabel Díaz Ayuso».
Pronunciouse sobre a situación de Alcoa Gonzalo Caballero, quen considera importantes e positiva a decisión que obriga a intervir xudicialmente Alú Ibérica. «É unha boa noticia», conclúe posto que, segundo considera, esta decisión xudicial abre a porta a garantir a viabilidade da empresa e, con iso, a actividade industrial e o mantemento dos postos de traballo na cidade herculina.