lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaEstudantes do Colegio Lar, únicos galegos gañadores dun concurso de xornalismo ambiental

Estudantes do Colegio Lar, únicos galegos gañadores dun concurso de xornalismo ambiental

Seis alumnos de ESO conseguen o segundo posto do certame “Jóvenes Reporteros para el Medio Ambiente” ao que se presentaron máis de 200 traballos de toda España

O Colegio Lar volve estar de parabéns. Seis estudantes de ESO quedaron segundos no concurso de xornalismo ambiental “Jóvenes Reporteros para el Medio Ambiente” organizado pola Fundación para la Educación Ambiental (FEE) e a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC). Non era la primeira vez que o centro participaba pero si a primeira que consigue estar no podio e nunha edición, a deste ano, moi loitada debido a que se bateu o récord de participantes, con máis de 200 traballos presentados a concurso.

2 premio para la fotografía Bosques plastificados de Ke Ye 3º ESO A

Outorgáronse primeiros e segundos premios en diferentes modalidades e categorías. Os conseguidos polo Colegio Lar, único centro galego que figura entre os gañadores, pertencen a “Jóvenes reporteros – Litter Less Campaign”.

Ye Ke, de 3º de ESO (A), clasificouse en segundo lugar dentro da categoría Foto Campaña de Concienciación co seu proxecto “Bosques plastificados”1 e o grupo formado por Antonio Páez, Fernando Ortiz, Xiumei Lu, Anni Wan e Sara Miranda, de 4º de ESO (A), logrou o mesmo posto na categoría de vídeo coa peza audiovisual “Live Together”2. Preme aquí para ver o vídeo

Logo de saír fóra para, segundo se recolle no propio certame, investigar e informar sobre os problemas ambientais na contorna máis próxima, todos eles deixaron plasmado nos seus traballos a importancia da protección, coidado e non contaminación do medio ambiente, para o cal fan recomendacións como o uso de produtos que se poidan reciclar ou a plantación de árbores, como grandes produtores de osíxeno e esenciais para a natureza.

Dende o centro felicitan aos estudantes galardoados e anímanos a seguir participando en iniciativas como estas promovendo así o compromiso ca contorna e a xestión medioambiental, un dos piares sobre os que se sustenta o colexio, sendo a máxima, e lema do Grupo lar, “Primeiro ser e logo ter”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES