lunes, abril 29, 2024
InicioNewsComarcasTomiño sobe en casos e Baiona e As Neves volven ter contaxios

Tomiño sobe en casos e Baiona e As Neves volven ter contaxios

Tomiño rexistra agora entre 75 e 125 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana, xunto a Soutomaior e O Porriño.

Segundo a última actualización de Sanidade, Tomiño presenta unha incidencia entre os 75 e os 125 casos por 100.000 habitantes ao aumentar o número de positivos nunha semana ata os 14. Amáis, volven os contaxios a concellos nos que o virus deixara de ter presenza en 7 días, como Baiona e As Neves.

A presenza da COVID-19 aumenta entre a veciñanza de Tomiño ao subir o número de novos casos diagnosticados ata os 14 nunha semana logo de varias xornadas nas que se situaba no abano entre 1-9 positivos. Comparte, así, incidencia, superando os 75 contaxios por 100.000 habitantes, con Soutomaior e O Porriño.

Volven os positivos a dous municipios das comarcas nos que o virus deixara de ter presenza coa perspectiva de 7 días: Baiona e As Neves. O primeiro deles, con todo,  continúa na incidencia máis baixa que contempla Sanidade mentres que o concello do Condado sitúase agora coa maioría das localidades da bisbarra ao rexistrar entre 25 e 75 contaxios por 100. 000 habitantes. En ningún dos dous hai máis de 9 casos.

Manteñen a situación epidemiolóxica con respecto á xornada anterior os concellos de Gondomar, Vigo, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Tui, Mos, Ponteareas e Pazos de Borbén ao situarse nunha incidencia entre os 25 e os 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Todos eles no abano dos 1-9 contaxios agás a cidade olívica que aumenta ata os 202.

A Guarda, Baiona, Arbo e O Rosal continúan na incidencia máis baixa que contempla Sanidade e os dous últimos sen contaxios nunha semana. Tampouco varían os datos da COVID-19 en Nigrán e en Redondela ao rexistrar menos de 25 casos por 100.000 habitantes en 7 días.

Fornelos de Montes, que non chega aos 2.000 veciños e veciñas,  presenta a incidencia máis alta da bisbarra, na zona de risco, con máis de 250 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana dende o dous de maio.  Segundo fontes sanitarias, trátase dun gromo que afecta a cinco membros dunha mesma familia.

A Área Sanitaria de Vigo volve a rexistrar máis de 900 caos activos

Son 913 casos activos en COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo, segundo o SERGAS. É dicir, 15 máis que onte. Volve a superar, así, a área os 900 contaxios logo de que na anterior actualización conseguira rebaixalos ata os 898.

En canto á presión hospitalaria, son dous pacientes menos ingresados por mor do virus en camas convencionais ata os 30 e, pola contra, aumenta nun nas UCI.

A Área Sanitaria de Vigo é a que máis casos activos rexistra, só por detrás da da Coruña que conta con 685.

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES