lunes, diciembre 8, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioComarcasBaixo MiñoFalece un octoxenario de Tomiño tras colisionar cun camión formigoneira

Falece un octoxenario de Tomiño tras colisionar cun camión formigoneira

Un octoxenario perdeu a vida este mediodía en Tomiño ao colisionar frontalmente co seu coche sen carné contra un camión formigoneira.

O conductor do camión saiu ileso do accidente. O sinistro tivo lugar na PO-344, á altura do quilómetro 1 sobre as 12:30 horas. Foron varias persoas as que contactaron co 112 Galicia co fin de alertar do suceso a Urxencias Sanitrias de Galicia-061, que, a pesar dos esforzos, non puideron facer nada por salvarlle a vida ao home que conducía o coche sen carné.

Según o 112, foi necesario que os Bombeiros do Baixo Miño empregaran o material de excarcelación para liberar á persoa falecida ao quedar atrapada no interior do vehículo. A víctima, un veciño da parroquia tomiñesa de Barrantes, faleceu no acto.

Amáis, o 112 tamén puxo en coñecemento ao GES da Guarda, a Garda Civil de Tráfico, Polícia Local, Protección Civil e servizo de mantemento da estrada.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS