sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasArbo, sen positivos en COVID-19 nunha semana mentres sobe a incidencia en...

Arbo, sen positivos en COVID-19 nunha semana mentres sobe a incidencia en Tui

Arbo non rexistra agora ningún positivo en COVID-19 nunha semana entre a súa veciñanza mentres Tui supera, de novo, os 125 contaxios por 100.000 habitantes.

Tui suma catro positivos con respecto á anterior actualización do SERGAS ata os 25 casos novos nunha semana. Estos datos fan que a incidencia deste concello do Baixo Miño volva a superar os 125 contaxios por 100.000 habitantes coa perspectiva de 7 días. Aumenta tamén a presenza do virus entre os veciños e as veciñas de Tomiño ao situarse agora entre os 25 e os 75 casos por 100.000. Con todo, continúa no abano dos 1-9 contaxios.

Arbo sitúase agora na incidencia máis baixa que contempla Sanidade ao non rexistrar ningún positivo en COVID-19 nunha semana aínda que si en dúas polo que non está libre do virus como si o están os municipios de Oia, Mondariz, Mondariz-Balneario, Fornelos de Monte, O Covelo, A Cañiza e Crecente.

Amáis, baixa a incidencia en dous municipios do Val Miñor. A presenza da COVID-19 entre os veciños e as veciñas de Baiona non supera agora os 25 contaxios por 100.000 habitantes e en Nigrán son 6 casos menos que onte e rexistra entre 25 e 75 casos por 100.000, segundo a última actualización do SERGAS.

Así todo, Gondomar, con 22 (+2) casos, Salceda de Caselas con 14 (-1) e Tui con 25 (+4) son os concellos que se atopan preto da zona de risco coa indencia máis alta da bisbarra ao situarse entre os 125 e 250 contaxios nunha semana.

En Vigo son 246 positivos novos en 7 días, 13 menos que na anterior actualización do SERGAS e presenta unha incidencia superior aos 75 casos por 100.000 habitantes. A mesma que presenta O Porriño con 19 contaxios, tres máis que onte.

Manteñen a situación epidemiolóxica con respecto a onte A Guarda, Nigrán, Redondela, Soutomaior, As Neves, Ponteareas e Mos cunha incidencia entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes; e O Rosal e Salvaterra de Miño ao non superar os 25 por 100.000 nunha semana.

Falece un home de 81 anos na área por mor da COVID-19

O SERGAS vén de notificar o falecemento dun home de 81 anos na Área Sanitaria de Vigo por mor da COVID-19 nas últimas 24 horas. Presentaba patoloxías previas. Son xa 425 as persoas que perderon a vida a causa do virus na área dende o inicio da pandemia.

En canto á presión hospitalaria, mantense o número de pacientes ingresados en camas convencionais e aumenta nunha persoa máis na UCI ata os 10.

A Área Sanitaria de Vigo segue como a área que máis casos activos rexistra. Este xoves son 28 máis que na anterior actualización de Sanidade, ata os 934.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS