viernes, septiembre 22, 2023
Google search engine
InicioNewsA Raia"O fin do estado de emerxencia en Portugal ten que estar liagado...

«O fin do estado de emerxencia en Portugal ten que estar liagado á apertura das fronteiras»

O vicedirector da AECT reclama que a partir do 1 de maio, cando Portugal finalice o estado de emerxencia, se levante o peche da fronteira «de maneira inmediata».

Segundo apuntou Uxío Benítez, para o territorio transfronteirizo do Río Miño a decisión e o anuncio que debe facer o Estado Portugués non é tanto relativa ao estado de emerxencia en vigor dende o 9 de novembro, senón sobre a apertura formal das fronteiras, xa que o peche  vai cumplir tres meses nos vindeiros días. “Non tería ningún sentido que se anuncie a non renovación do Estado de Emerxencia e non leve parella a apertura”, subliñou.

Ademais, o vicedirector destacou que o AECT, a estas alturas, non vai celebrar o feito de abrir a fronteira en si mesmo, toda vez que “entendemos que levamos tres meses nunha ruína por unha decisión política equivocada que está a xerar un prexuízo económico”.Neste sentido, esixiu aos gobernos o anuncio de medidas concretas para compensar aos territorios como o do Miño «que sufriron un grave deterioro económico por duplicado, tanto pola pandemia en si, como polo feito de estar nunha ubicación transfronteiriza».

A AECT, co fin de chamar a atención de todas as institucións, instalou unha gran pancarta reivindicativa na Ponte da Amizade entre Tomiño e Cerveira na que se pode ler ‘EU Help. Open de borther’, en relación á necesaria chegada de fondos europeos para reactivar a economía da zona. 

O estudo do impacto socioeconómico encargado polo AECT Rio Miño á  Universidade de Vigo sobre o primeiro confinamento e o peche da fronteira entre Pontevedra e Portugal revelou que se producirá unha caída do Produto Interior Bruto de máis de oitenta millóns de euros nos 26 concellos do territorio transfronteirizo do Miño só nese periodo. A caída derivada do efecto fronteira no comercio foi dun 14,18% sobre o efecto do confinamento, e na hostalaría e restauración foi dun 16,53%. Os expertos, que xa están a traballar cos datos do peche de 2021, sinalan que o efecto e a baixada do PIB será moito maior neste exercicio.

ARTIGOS RELACIONADOS
- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES