Recoñeceuse a 24 establecementos do sector do destino Terras do Condado Paradanta
Na gala de entrega de recoñecementos do Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos (SICTED) recoñeceuse este luns, en Mondariz-Balneario, a 24 establecementos do sector do destino Terras do Condado-A Paradanta, que tamén ten este selo distintivo dende o 2020. Á celebración acudiu o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda máis os rexedores e rexedoras dos concellos do Condado e da Paradanta e a alcaldesa de Salceda de Caselas.
O vicepresidente puxo en valor a implicación do GDR Condado-Paradanta, organizador da gala, e referiuse á tradición vitivinícola e termal, ás súas opcións de turismo activo ou ás súas festas de interese turístico, como o Corpus Christi de Ponteareas, de Interese Internacional, ou da Lamprea de Arbo, de Interese Nacional. Incidiu, de igual xeito, en que a calidade é o camiño a seguir neste Xacobeo dobre porque «constitúe un elemento diferenciador que fai que quen visita Galicia repita e que estes visitantes se convertan nos mellores embaixadores do destino e da marca Galicia»
Alfonso Rueda engadiu que este territorio comparte co conxunto da comunidade valores que están a demandar os turistas neste escenario marcado pola pandemia provocada pola COVID-19 cun turismo tranquilo e non masificado espazos abertos e en contacto coa natureza nun destino seguro, sostible, de calidade.
O presidente do GDR e alcalde do Covelo, Pablo Castillo, cualificou o destino do Condado- Paradata máis Salceda de casela como «atractivo e forte»
España conta con 213 destinos adheridos a este proxecto, dos que 11 son galegos, entre eles Terras do Condado-A Paradanta, o que sitúa a Galicia no sétimo posto a nivel nacional. Ademais, a comunidade galega conta con 771 entidades distinguidas, con Galicia no terceiro posto a nivel nacional con maior número de entidades distinguidas.
Empresas do sector que foron distinguidas co selo do Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos
| A Pampla | Alojamientos rurales | A Cañiza |
| Bodega Torgo | Bodegas | A Cañiza |
| Casa Vilamide | Alojamientos rurales | A Cañiza |
| Eido da Fonte | Bodegas | A Cañiza |
| Serán de Torgo | Escuelas de español para extranjeros | A Cañiza |
| Bodegas As Laxas | Bodegas | Arbo |
| Bodegas Marqués de Vizhoja | Bodegas | Arbo |
| Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea de Arbo «Arabo» | Museos y centros de interés turístico visitable | Arbo |
| Casa Calviño | Restaurantes y empresas turísticas de Catering | As Neves |
| Casa Uma | Alojamientos rurales | As Neves |
| HOTEL da natureza Nande | Hoteles y apartamentos turísticos | As Neves |
| Punto de Información Turística de As Neves | Oficinas de información turística | As Neves |
| Restaurante Casa O Frenazo | Restaurantes y empresas turísticas de Catering | As Neves |
| Señorío de Rubiós | Bodegas | As Neves |
| SOCIEDAD COOPERATIVA AGRARIA CONDADO PARANDATA SCG | Comercios | As Neves |
| Camping Maceira | Campings | Covelo |
| Lugar dos Devas | Alojamientos rurales | Covelo |
| A Cantaruxa Maruxa | Alojamientos rurales | Mondariz |
| Celtic Ways | Guías turísticos | Mondariz |
| Regato Valdecide Gastrogroup SL | Restaurantes y empresas turísticas de Catering | Mondariz- Balneario |
| SIMONETA & CO | Restaurantes y empresas turísticas de Catering | Mondariz-Balneario |
| A Coastine | Hoteles y apartamentos turísticos | Ponteareas |
| A Xanela Gastronómica | Restaurantes y empresas turísticas de Catering | Ponteareas |
| B The Travel Brand | Agencias de viajes | Ponteareas |
| Casa da Urcela | Alojamientos rurales | Ponteareas |
| Casa do Cribeiro | Alojamientos rurales | Ponteareas |
| CITEA (Centro de Interpretación do Río Tea) | Museos y centros de interés turístico visitable | Ponteareas |
| Museo Municipal de Ponteareas | Museos y centros de interés turístico visitable | Ponteareas |
| Punto de información Turística de Ponteareas | Oficinas de información turística | Ponteareas |
| ADEGA RUBEN | Bodegas | Ponteareas |
| CONFITERIA ANCLA | Comercios | Ponteareas |
| Corisca S.L. | Bodegas | Salceda de Caselas |
| Bodega María Bargiela | Bodegas | Salvaterra de Miño |
| Bodegas La Val | Bodegas | Salvaterra de Miño |
| Casa María Bargiela | Alojamientos rurales | Salvaterra de Miño |

