martes, abril 16, 2024
InicioNewsO PaísGalicia porá 8.600 vacinas de Janssen a domicilio

Galicia porá 8.600 vacinas de Janssen a domicilio

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou en rolda de prensa que as 8.600 vacinas de Janssen que recibe Galicia vanse usar nos dependentes que hai que vacinar a domicilio, xa que así hai os sanitarioas acudirán unha soa vez aos domicilios desas persoas e xa quedarán inmunizadas.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

Galicia recibe este mércores un total de 8.600 vacinas de Janssen, dentro das 150.000 que ten previsto repartir o Ministerio de Sanidade entre as comunidades autónomas, despois de que a Axencia Europea do Medicamento (EMA) lle dera o aval.

Tras a reunión do comité clínico, explicou que estas doses se aplicarán esta mesma semana nos pacientes que están en domicilio porque é «especialmente adecuada» para os que non poden ir a centros de saúde, os grandes dependentes.

Comesaña dixo que as vacinas que van chegar de Janssen son as que estaban previstas para a semana pasada, antes da súa paralización, e engadiu que en Galicia se administraron ata onte máis de 914.000 vacinas en total.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES