lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsComarcasA Guarda, libre do virus mentres se disparan os contaxios en Ponteareas

A Guarda, libre do virus mentres se disparan os contaxios en Ponteareas

Ponteareas é o segundo concello con máis contaxios nunha semana das comarcas, con 24, só por detrás da cidade de Vigo

Ponteareas é o segundo concello da bisbarra con máis casos novos en COVID-19 nunha semana só por detrás da cidade de Vigo. Na vila do Corpus son 24 contaxios, 7 máis que onte. Situase así na incidencia de máis de 75 positivos por 100.000 habitantes xunto a Gondomar e Vigo, este último con 247 casos. Mentres, A Guarda pasa a ser un dos municipios das comarcas que se atopan libres do virus.

Ademais, volven os positivos ao concello de Mos, aínda que segue na incidencia máis baixa que contempla Sanidade con menos de 10 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Continúa con esta mesma situación epidemiolóxica O Porriño. Oia, A Cañiza, Crecente e Mondariz Balneario non rexistran contaxios nunha semana aínda que si en dúas polo que non é posible incluilos na listaxe dos concellos libres do virus como si o están Mondariz, O Rosal, Fornelos de Montes, Covelo e, agora, A Guarda.

Pola contra, aumenta a incidencia en Tui e Pazos de Borbén ata os máis de 25 casos por 100.000 habitantes. Mantense nesta incidencia, con respecto a onte, Tomiño, Nigrán, As Neves e Baiona. Baixa a presión do virus en Redondela e en Salceda de Caselas ao contar agora con menos de 25 positivos por 100.000, unha situación epidemiolóxica que comparten, arestora, con Soutomaior e Salvaterra de Miño.

O concello que presenta a maior incidencia da bisbarra é Arbo por mor dun gromo que afecta entre unha e 9 persoas no municipio. Ten unha incidencia que supera os 125 casos por 100.000 habitantes nunha semana.

26 positivos máis na Área Sanitaria de Vigo

Continúa o ascenso de positivos na Área Sanitaria de Vigo con 760 contaxios activos, 26 máis que onte, segundo a última actualización do SERGAS. É a área que máis aumenta os casos. Mantense a presión hospitalaria con 31 persoas ingresadas en camas convencionais e 6 pacientes nas UCI.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS