jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasVigoRetíranlle o carné, merca un patinete eléctrico e é detido por circular...

Retíranlle o carné, merca un patinete eléctrico e é detido por circular con el por unha vía interurbana

O mozo, de 26 anos veciño de Moaña e que deu positivo en drogas, explicoulle á Garda Civil que o empregaba para desprazarse ao traballo

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Vilaboa que realizaba servicio de vixilancia e control de tráfico, interceptou, na tarde de onte mércores, un patinete que circulaba pola PO-551, en Tirán, Vilaboa, conducido por un mozo 26 anos, veciño de Moaña, o cal manifestou que o adquirira para desprazarse ao traballo, xa que ten o permiso de conducir retirado.

Tras ser identificado, ao obxecto de ser denunciado por circular por unha vía interurbana en un VMP sen causa xustificada, realizóuselle a proba de alcohol e drogas, dando positivo indiciario nesta última, que de ser confirmado supón unha sanción de 1.000 euros, así como una perda de 6 puntos no seu permiso de condución.

Normativa

Dende a Garda Civil lembran que este tipo de vehículos, considerados de mobilidade propia, non poden circular polas vías interurbanas, travesías, autoestradas nin autovías que transcorran por poboacións, así como tampouco por túneles urbanos, beirarrúas e zonas peonís, salvo se está regulado polos concellos e sempre a paso de persoa.
Procederase á inmobilización e depósito do mesmo, debendo cumprir as normas de circulación como o resto de vehículos, polo que os condutores poderán ser sometidos á proba de alcohol e drogas e non poderán facer uso de auriculares ni teléfono móbil

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES