lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO PaísDetectado un gromo COVID entre mocidade na cidade de Lugo

Detectado un gromo COVID entre mocidade na cidade de Lugo

En Lugo cidade detectouse esta semana un gromo que xa afecta a unha quincena de mozos e mozas que roldan os 20 anos. Están en marcha cribados e rastrexos para cortar as cadeas de transmisión canto antes.

A hipótese das autoridades sanitarias é que os contaxios están relacionados coas xuntanzas de estudantes que se produciron durante a Semana Santa.

O xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, confirmou este gromo entre persoas «moi novas» e asegurou que se manteñen «en alerta». Malia consideraren que son poucos contaxios, fixo un chamamento a «non baixar a garda» e a manter as medidas de prevención. 

Preocupa que se estenda a máis persoas aínda ao ser o colectivo de esta idade o que máis relacións sociais ten, ademais de poder propagalo nos seus fogares a persoas maiores.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS