martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriñaSalceda amenceu sen árbores nin flores

Salceda amenceu sen árbores nin flores

Plantadas fai unha semana en xardineiras públicas foron arrincadas

Dende o Concello de Salceda de Caselas piden colaboración cidadá para “evitar estes comportamentos incívicos e manter unha vila limpa e coidada”.
Fai tan só unha semana que se sementaron as novas plantas de tempada e o pasado domingo amenceu coa falla de árbores e algunha das plantas das xardineiras situadas no cruce das rúas Joaquín Fernández Sestelo e Compostela, ademais da zona de Correos

Restos vexetais

Por outra banda, dende o Concello lembran que os restos de poda e vexetais non se deben depositar nos contedores, que existe un servizo de recollida específico para estes residuos que os veciños poden solicitar chamando ao número 986 34 90 03

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES