jueves, abril 18, 2024
InicioNewsComarcasCrecente,preto da zona de risco e a incidencia baixa nas Neves e...

Crecente,preto da zona de risco e a incidencia baixa nas Neves e en Soutomaior

O municipio de Crecente sitúae agora na incidencia superior aos 125 casos por 100.000 habitantes nunha semana xunto con Mondariz-Balneario

Segundo a última actualización do SERGAS, a incidencia da COVID-19 muda en catro municipios das comarcas. Aumenta en Crecente ata situarse preto da zona considerada por Sanidade como de risco, con máis de 125 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. En Tomiño sobe tamén con máis de 25 por 100.000 en 7 días. Ningún dos dous rexistran máis de 9 casos entre a súa veciñanza. Mentres, a presión do virus descende nas localidades de Soutomaior, que se iguala á meirande parte dos municipios da bisbarra cunha incidencia entre 25 e 75 casos por 100.000 habitantes, e nas Neves ao contar arestora con menos de 125 por 100.000 habitantes nunha semana.

Así, Crecente e Mondariz-Balneario son os dous concellos que rexistran a incidencia máis altas das comarcas e séguelle As Neves con máis de 75 casos  por 100.000 habitantes. Os municipios que contan coa mellor situación epidemiolóxica en canto aos novos casos diagnosticados entre a súa veciñanza son A Guarda e O Porriño ao situarse na incidencia máis baixa con menos de 10 positivos por 100.000 habitantes nunha semana e os seis municipios que se atopan libres de COVID-19: O Rosal, Arbo, Salceda de Caselas, Fornelos de Montes, O Covelo e Mondariz.

Os demais concellos das comarcas manteñen os datos en relación á COVID-19 con respecto a onte, segundo o SERGAS. Oia, Baiona, Gondomar, Tui, Vigo, Nigrán, Pazos de Borbén e Ponteareas sitúanse na incidencia entre os 25 e os 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Con todo, na vila do Corpus son hoxe 12 positivos logo de que rexistrara na xornada anterior non máis de 9 e en canto á cidade olívica, son 16 contaxios menos que onte con 192. Mos, Redondela, A Cañiza e Salvaterra de Miño teñen unha menor presión do virus entre os seus veciños e veciñas con menos de 25 casos por 100.000 habitantes nunha semana.

Cinco positivos máis que onte na Área Sanitaria de Vigo

Son cinco positivos máis en COVID-19 na área que na xornada anterior ata os 604 casos activos, segundo o SERGAS. Non muda a presión hospitalaria con 29 pacientes en camas convencionais e 6 nas UCI. Sanidade non notificou ningún falecemento por mor do virus nas últimas 24 horas na Área Sanitaria de Vigo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES