martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísSoben os casos activos e os hospitalizados COVID en Galicia

Soben os casos activos e os hospitalizados COVID en Galicia

Galicia ten 2.316 casos activos de COVID-19, son 11 máis en 24 horas. Tamén soben as hospitalizacións; hai 155 persoas en planta (+10) e na UCI están 30 persoas diagnosticadas de coronavirus (+3) nos hospitais de Galicia.

Na última xornada diagnosticáronse 146 novos positivos de coronavirus, máis que as altas dadas.

A área sanitaria da Coruña volve estar á cabeza en casos activos de COVID-19, seguida moi de preto pola viguesa:

A Coruña: 616 (=)

Vigo: 599 (-15)

Ourense: 186 (+10)

Santiago: 355 (-2)

Lugo: 157 (-1)

Pontevedra: 327 (+12)

Ferrol: 76 (+7)

Nos hospitais aumentan os ingresados por coronavirus pero aínda non é o efecto da Semana Santa, ese aínda chegará aos hospitais nunhas dúas semanas.

Aumentou en 13 o número de persoas hospitalizadas, ata as 185: 155 en planta (+10) e 30 nas UCI (+3).

A cifra de vítimas por mor da pandemia mantense en 2.368, ao non notificarse ningún pasamento nas últimas 24 horas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES