lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoOs tudenses reciclan 7.185 litros de aceite usado en 2020

Os tudenses reciclan 7.185 litros de aceite usado en 2020

Este residuo no caso de non reciclarse tería contaminado 7.903.500 litros de auga.

No ano 2020 recicláronse en Tui, nos 25 contedores distribuídos ao longo do termo municipal, 7.185 quilos de aceite de cociña usado. En concreto produciuse un incremento de máis do 50% con respecto ao mesmo período do ano anterior, cando se reciclaron 3.626 quilos de aceite de cociña usado.

O contedor no que máis aceite se recolleu foi o situado na Avenida da Concordia con 730 litros, e en segundo lugar o da rúa Maristas, a carón da Praza de Abastos, con 710 litros recollidos durante todo o ano 2020. O terceiro punto no que máis aceite de cociña usado se recolleu foi o da rúa Rosa Bahamonde con 540 litros.

Na web municipal, no apartado de Medio Ambiente, pode consultarse o mapa coa localización dos 25 contedores situados tanto no centro urbano coma nas parroquias.

Dende o concello de Tui apóstase pola recollida selectiva dos distintos tipos de lixo. Amais dos contedores para a recollida de aceite de cociña usado, hai tamén, en convenio con Cáritas, contedores para depositar roupa e calzado usado. Na praza de Abastos e na entrada do Punto Limpo hai dous contedores para a recollida de tapóns de plástico en colaboración coa asociación Taporelmun.

Ao longo do último ano o Concello de Tui ten incrementado o número de contedores destinados tanto á recollida de envases coma de papel e cartón. A isto engádese o Plan Municipal de Compostaxe cunha aposta pola recollida dos restos orgánicos tanto en composteiros individuais coma nos composteiros comunitarios.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS