sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaOs salcedenses reciben 15.500 notificacións do Catastro

Os salcedenses reciben 15.500 notificacións do Catastro

O Concello reforza o servizo de asesoramento creado para informar do proceso de valoración con atención ao público tamén en horario de tarde.

O Concello de Salceda de Caselas segue a atender á veciñanza afectada polo procedemento iniciado de oficio polo Ministerio de Hacienda a través do Catastro nos concellos de Mos, O Porriño, Bueu e Salceda. A oficina habilitada con catro persoas leva atendido xa máis de 600 notificacións nestas dúas semanas, que fundamentalmente responden a erros de titularidade e/ou medicións.
A próxima semana a oficina funcionará tamén polas tardes, para poder deste xeito atender a un maior número de persoas. Dende o Concello agradecen a comprensión e paciencia da veciñanza, pois tendo en conta que dende o catastro enviáronse 15.500 notificacións, “non sempre está a resultar doado conseguir cita tan rápido como sería desexable”.
A petición do Concello, Catastro confirmoulle que ampliará o prazo de alegacións dun mes proposto inicialmente, polo que a veciñanza poderá ser atendida no Concello aínda que o prazo de espera supere os 30 días.

O Partido Popular presentou unha solicitude de pleno extraordinario, con propostas de facilidades de pagamento dos recibos

“Os populares de Salceda solicitamos a convocatoria dun pleno de carácter extraordinario para minimizar ao máximo o impacto que vai ter este procedemento sobre os veciños, incluíndo dous puntos, por un lado, instar ao ORAL a diferir as emisións das liquidacións correspondentes a retroactividade do pago do IBI en tres anos e non un por ano, é dicir, emitir a liquidación pendente do 2018 no 2021, a do 2019 no 2022 e a do 2020 no 2023, axudando considerablemente á veciñanza para evitar os xuros xerados pola necesidade do fraccionamento dos pagos e, por outro lado, iniciar o procedemento de modificación da Ordenanza Fiscal nº 21 Reguladora do IBI onde se contemple unha redución do tipo impositivo actual, pasando do 0,50% actual o 0,40%”, explica o voceiro do PP, Santiago Rodríguez Davila

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS