lunes, noviembre 11, 2024
InicioNewsO PaísDúas galegas en dúas vicepresidencias do Goberno

Dúas galegas en dúas vicepresidencias do Goberno

Dúas mulleres galegas son xa oficialmente vicepresidentas segunda e terceira do Goberno español. Nadia Calviño e Yolanda Díaz prometeron esta mañá de mércores o seu cargo ante o Rei Filipe VI e sobre a Constitución no Palacio da Zarzuela.

Nadia Calviño, Yolanda Díaz e Ione Belarra:

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, non foi finalmente  vicepresidenta segunda como o era Pablo Iglesias, xa fóra do Goberno, é terceira. O cargo que Unidas Podemos pedía para Díaz prometeuno hoxe outra galega, a socialista Nadia Calviño que ascende un escalafón. Máis arriba está a tamén socialista Carmen Calvo, vicepresidenta primeira. A cuarta vicepresidenta do Goberno é Teresa Ribera, socialista, ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Tamén prometeu cargo esta mañá Ione Belarra, de Unidas Podemos, ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 como era Pablo Iglesias.

O presidente do Executivo, Pedro Sánchez, recalcou que este novo Goberno que preside é o sexto que ten maior proporción de mulleres e o cuarto dentro da Unión Europea.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS