lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasParadantaPor que o túnel da Cañiza non se pode reabrir ata maio?

Por que o túnel da Cañiza non se pode reabrir ata maio?

Desde fai máis de dous meses os condutores teñen que conducir polas curvas de Fontefría deteriorando aínda máis o tráfico pesado o asfalto da ata agora pouco transitada  N-120 pola Cañiza. O túnel da A-52 en sentido Ourense segue pechado despois de que o 25 de xaneiro ardera nel un tráiler.

Ata que cheguen os respostos do seu sistema de seguridade e que fabrican moi poucas empresas no mundo non hai alternativa.

Un camioneiro portugués que traballa en Ourense, Bruno, presenciou o incendio no túnel e aparentemente para el os danos causadosnon deberían ser tan cuantiosos para requerir máis de tres meses de reparacións.

O traxecto increméntase para el entre 15 e 20 minutos. Transporta madeira a Ourense e debe facelo varias veces ao día. 

Por seguridade. É a razón dada polo Ministerio de Trasportes para zanxar que o túnel non se vai reabrir a lo menos ata maio. Entre as avarías está a do sistema de protección antiincendios do túnel e  o detector de gases, indispensables para a súa reapertura.

A Cañiza é o concello máis prexudicado polo peche do túnel. A N-120 pasa polo seu centro urbano. Con todo o seu alcalde, Luis Piña, considera que a seguridade é o primeiro e os danos no túnel son cuantiosos.

Algúns condutores  como solución propoñen habilitar o dobre sentido no túnel que segue aberto, o de sentido Vigo. Pero Transportes descarta por completo esa posibilidade de facelo bidireccional, habería que adaptalo e a análise de riscos realizada indica unha perigosidade elevada, ao ser un tubo de 2 quilómetros e medio de lonxitude

A veciñanza da Cañiza tamén sofre as consecuencias do túnel pechado cun gran incremento de tráfico rodado que atravesa o pobo.

O tráfico que gañou a Cañiza non repercute a penas na economía local.  Un dos poucos negocios que si incrementou e moito os seus clientes foi unha gasolineira ao carón da N-120.

O ministerio non concreta se o túnel do Folgoso estará reparado a comezos, a mediados ou a finais de maio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS