sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasO CondadoUn traballador cae a un pozo en Salvaterra de Miño

Un traballador cae a un pozo en Salvaterra de Miño

 Un traballador foi rescatado ileso logo de precipitarse ao interior dun pozo, esta mañá, no concello de Salvaterra de Miño.

O 112 Galicia tivo constancia do feito mediante a chamada dun particular que avisou da caída dunha persoa nun pozo de, aproximadamente, cinco metros de altura e que se atopaba agarrado por unha corda. Nese momento, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertaron aos Bombeiros do Porriño e de Ponteareas, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061.

Pouco despois, a Policía Local de Salvaterra confirmoulle ao 112 Galicia que o traballador xa estaba rescatado, san e salvo. De todos os xeitos, os servizos médicos atenderon, no punto, a un compañeiro do home por queimaduras producidas nas mans ao suxeitar a corda da que este colgaba.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES