lunes, noviembre 11, 2024
InicioO PaísPontevedraDetida unha parella en Sanxenxo por tráfico de drogas

Detida unha parella en Sanxenxo por tráfico de drogas

A Garda Civil incautou máis de dous quilos de cocaína e 48.000 euros en efectivo. Empregaban como puntos de venta a súa casa e a dos pais dun deles.

Xunto a elas investíganse a outras tres, todas elas da mesma familia, pola súa presunta vinculación ao tráfico de drogas no municipio, cometendo un delito contra a saúde pública. Os detidos son unha parella e os investigados son os pais e un irmán dun deles.
As investigacións iniciáronse a finais do ano pasado, cando unha patrulla de seguridade cidadá da Compañía da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa interceptou un vehículo no que circulaba esta parella cunha pequena cantidade de estupefacientes. Esta primeira intervención fixo que se abrira unha operación para investigar as sospeitas sobrevidas de que os dous ocupantes do vehículo poderían dedicase á venda de estupefacientes a consumidores habituais da zona.
A raíz das investigacións realizadas polo Equipo de Investigación da Compañía de Vilagarcía en colaboración co Posto de Sanxenxo confirmáronse as sospeitas ao comprobar que, tanto o domicilio desta parella como o dos pais dun deles, tamén en Sanxenxo, estaban sendo frecuentados por coñecidos consumidores habituais de drogas, xerando unha especial sensación de inseguridade social na zona.
O operativo concluíu a semana pasada coa detención dos dous membros da parella, cando saían do seu domicilio e dirixíanse a casa dos pais, onde efectuaban a maior parte das transaccións.
No momento do arresto incautóuselles unha pequena cantidade de cocaína pero durante o rexistro de ambos domicilios foron máis de 2 quilos, ademais de 20 gramos de metanfetaminas e preto de 100 gramos de marihuana. Así mesmo tamén se incautaron máis de 48.000 euros en efectivo, dous vehículos, precursores, básculas de precisión, envasadoras ao vacío, así como distintos útiles para a elaboración e posterior venda da droga.
Os detidos xunto con todo a material intervido e o diñeiro foron postos a disposición do Xulgado de Instrución nº 4 de Cambados que decretou o ingreso en prisión dun deles.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS