lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsComarcasBaiona inicia a semana con menos contaxios

Baiona inicia a semana con menos contaxios

Son 10 os novos casos diagnosticados entre a veciñanza de Baiona, segundo o SERGAS, a metade que na fin de semana.

Cunha incidencia inferior a 125 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana, Baiona rebaixa a presión do virus con respeto á actualización de onte de Sanidade. Arestora, son 10 novos casos en COVID-19 dianosticados entre a veciñanza do municipio mentres que na xoranda anterior eran 20. Nesta mesma incidencia, atópanse os concellos de Oia, A Cañiza e incorporase Gondomar, ao aumentar os positivos no concello.

O municipio da bisbarra coa peor situación epidemiolóxica é Pazos de Borbén pois supera os 125 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana e en dúas, achégase aos 250. Pola contra, son 5 concellos nos que o virus deixou de cirucular ao non rexistrar ningún caso en COVID-19: Salceda de Caselas, As Neves, O Covelo, Fornelos de Montes e Mondariz-Balneario.

A Guarda, Salvaterra de Miño, Arbo, Mos, Redondela, Vigo e Nigrán manteñen a incidencia nos municipios con respeto á xornda anterior con menos de 75 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana como tamén o fan O Rosal, Mondariz e O Porriño con menos de 25 casos en 7 días

Nunha mellor situación epidemiolóxica atópanse Tomiño, Ponteareas, Tui e Crecente con menos de 10 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana.

10 novos casos máis na Área de Vigo

Son 574 casos positivos activos en COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo, 10 máis que onte, segundo o SERGAS. A boa nova é que descende o número de pacientes ingresados ata os 38 en camas convencionais, dous menos que na xornada anterior. Con todo, é unha persoa máis co virus nas UCI ata as 6.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS