lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsComarcasPazos de Borbén reparte 250 racións de cacheira en pandemia

Pazos de Borbén reparte 250 racións de cacheira en pandemia

A vixésima edición da festa gastronómica celebrouse na xornada de hoxe.

A Festa da Cacheira de Pazos de Borbén tamén se adapta aos festexos da época COVID para sobrevivir. A cita máis popular deste municipio celebrouse hoxe cun estrito protocolo de seguridade onde se cambiaron as grandes aglomeracións ao redor dunha mesa por racións para levar. En total repartíronse máis de 250.

“A edición máis local da historia da cacheira”, calificou o alcalde, Andrés Iglesias, destacando que “o máis importante é manter a tradición e que os veciños poidan celebralo en familia”.

Todos os actos tradicionalmente asociados á celebración foron retransmitidos a través das redes sociais, como o pregón, que correu a cargo do artesán local Álvaro Martínez Leiro e foi emitido por streaming.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS