jueves, febrero 29, 2024
InicioComarcasVigoSáltase un control cando circulaba sen permiso e cun adhesivo da ITV...

Sáltase un control cando circulaba sen permiso e cun adhesivo da ITV falso

A Garda Civil de Pontevedra investiga a este condutor, de 38 anos e veciño de Moaña, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e outro de falsidade documental.

 Os feitos ocorreron o pasado martes, cando unha patrulla da Policía Local de Bueu solicitou apoio da Garda Civil para localizar un vehículo que fixera caso omiso ás sinais de alto, sendo interceptado por unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa á altura do quilómetro 6 da autovía AG-46
O condutor carece de vixencia no seu permiso de condución por perda de puntos. Así mesmo o vehículo circulaba coa ITV caducada dende o ano 2015 e levaba na parte superior dereita da lúa dianteira un adhesivo falso co período de validez en vigor.
Por todo elo procedeuse á súa investigación por un delito contra a seguridade viaria e outro de falsidade documental.
As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución de Garda de Cangas do Morrazo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES