sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsComarcasSalceda de Caselas, sen casos en 7 días e Oia volve ter...

Salceda de Caselas, sen casos en 7 días e Oia volve ter contaxios

O concello de Salceda de Caselas non rexistra ningún caso positivo en COVID-19 en 7 días e Oia volve a ter contaxios nunha semana

Oia xa non se atopa libre do virus pois, segundo a última actualización do SERGAS, volve a contar con casos novos en COVID-19 entre a súa veciñanza nunha semana. Sitúase así na incidencia da maioría dos concellos da bisbarra: entre 25 e 75 casos por cada 100.000 mil habitantes. A 14 días, non supera os 50 casos por cada 100.000.

Pola súa banda, en Salceda de Caselas non hai positivos en COVID-19 nunha semana entre a veciñanza polo que descende de forma considerable a súa incidencia por debaixo dos 25 casos por cada 100.000 habitantes a dúas semanas con non máis de nove contaxios.

Aumenta a presión do virus en Gondomar e no Rosal, ao atoparse agora os concellos nunha incidencia de máis de 25 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana aínda que manteñen os datos a 14 días. Nesta mesma incidencia, entre 25 e 75 casos por cada 100.000 habitantes, sitúanse os municipios da Guarda, Tomiño, Redondela, Pazos de Borbén, Fonelos de Montes, A Cañiza, Mos, O Porriño e Vigo. Precisamente, a cidade olívica aumenta o número de novos contaxios nunha semana ata chegar aos 131, 20 máis que onte, segundo a última actualización de Sanidade. Con todo, continúa fóra da zona considerada de risco polo SERGAS.

Soutomaior descende ata menos de 125 casos por cada 100.000 habitantes mais non é unha melloría suficiente pois seguen a ser unha incdiencia alta en relación aos novos contaxios que se producen no municipio. De feito, Sanidade vén de decidir que o concello debe continuar coas restricións do nivel alto da comunidade.

Manteñen a situación epidemiolóxica con respeto a onte, Tui, Nigrán, Salvaterra de Miño e Mondariz con non máis de nove casos en COVID-19 cadanseu e unha incidencia inferior aos 25 por cada 100.000 habitantes.

Baiona e O Covelo non rexistran ningún positivo nunha semana, xunto con Salceda de Caselas, pero si contan con casos en dúas semanas polo que aínda non se poden incluir na listaxe dos municipios libres do virus. A súa incidencia é de menos de 10 casos por cada 100.000 habitantes, a mesma que a de Ponteareas con non máis de nove positivos nunha semana.

Crecente, As Neves, Arbo e Mondariz-Balneario seguen libres de COVID-19, segundo Sanidade.

15 positivos máis na Área de Vigo

 

Na Área Sanitaria de Vigo hai 15 positivos en COVID-19 máis que onte, segundo o SERGAS. Así, son 472 veciños e veciñas da Área os que teñen o virus arestora. Descende a presión hospitalaria, dun xeito leve, con 48 persoas en camas convencionais (-1) e con 10 pacientes nas UCI (-3). Nas últimas horas, Sanidade non notificou ningún falecemento por mor da COVID na área.

Xunto a de Vigo, a Área Sanitaria de Lugo tamén aumenta o número de casos activos en COVID-19. Son as dúas únicas que o fan das sete que conforman o Servizo Galego de Saúde.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS