sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísGalicia non decidirá a súa Semana Santa até o 29 ou 30...

Galicia non decidirá a súa Semana Santa até o 29 ou 30 de marzo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe que non será até o luns 29 ou o martes 30 de marzo cando a Xunta decida as restricións para a Semana Santa en Galicia. A autonomía estará pechada e non se permitirán reunións de non convivintes nos domicilios.

Alberto Núñez Feijóo:

Feijóo apela á «responsabilidade», a «prudencia» e a unha «desescalada progresiva» para non ter que dar marcha atrás e evitar, ante todo, unha cuarta onda da pandemia.

Antes dos festivos de Semana Santa, o comité clínico que asesora á Xunta volverá reunirse e a Consellería de Sanidade decidirá segundo a presión hospitalaria e número de casos activos para entón.

Pola súa parte o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, prevé que haxa «certos movementos internos» na comunidade tanto esta ponte de San Xosé como en Semana Santa ao estar pechado o pais, un turismo interno que, segundo Rueda, «os hostaleiros agradecerán moito«. Con todo insiste na necesidade de cumprir as normas e pedir aos españois doutras comunidades que non veñan a Galicia, aínda que prexudique ao sector hostaleiro.

Rueda adianta que «non vai ser unha Semana Santa normal, e queremos que o verán non se pareza á Semana Santa«.

O sector hostaleiro prefire sacrificar estes días e ter asegurada a tempada alta.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS