viernes, mayo 3, 2024
InicioNewsO PaísGalicia amplía o horario da hostalería ata as 21.00 horas

Galicia amplía o horario da hostalería ata as 21.00 horas

Bares, restaurantes e cafeterías poderán estar abertos ata as 21.00 horas a partir deste venres, 19 de marzo, ás 00.00 horas. A medida é para os concellos que non están pechados perimetralmente, tres actualmente. Nas mesas, até 6 persoas non conviventes.

Alberto Núñez Feijóo:

A partir deste venres a hostalería poderá estar aberta ata as nove da noite en Galicia, agás en Maside, Paradela e Vilardevós, que seguen pechados perimetralmente por ter máis de 500 casos de COVID-19 por 100.000 habitantes.

A Xunta aproba un novo nivel de ocupación na hostalería, o menos restritivo, para os concellos que estean nunha mellor situación epidemiolóxica, por debaixo dos 150 casos por 100.000 habitantes, como é o caso de 290 concellos, que representan o 85,9% da poboación galega.Neles as terrazas poderán estar ocupadas ao 75 por cento e os establecementos no seu interior ao 50 por cento. 

Os concellos de nivel alto, cunha incidencia de entre 250 e 500 casos por 100.000 habitantes,  quedarán como ata agora. Afecta a 6 concellos en Galicia. A hostalería poderá abrir ata as 21.00 horas pero só en terraza, ao 50 %.

Os concellos en nivel medio, cunha incidencia de entre 250 e 150 casos, quedarán igual na hostalería: ocupación ao 50% en terraza e no interior, ao 30%. Afecta a 14 concellos galegos.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES