sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaSalceda únese á tendencia do autocine

Salceda únese á tendencia do autocine

A proxección do filme María Solinha no campo de fútbol Os Agoeiros tivo unha gran acollida.


Non son todo malas novas as relacionadas coa pandemia da COVID. Pódese dicir que con ela rexurdiron con forza, como alternativa de ocio en tempos de prevención e precaución, os autocines. Espazos ao aire libre, neste caso nunha contorna natural, na que se aseguran todas a medidas: mantéñense as distancias de seguridade, pois a película vese dende o coche e sen saír del, o que imposibilita tamén o contacto persoal con xente fóra do círculo familiar e evítanse as aglomeracións tanto á hora de acceder como na evacuación ou nas taquillas.
Esta proposta cultural que data de mediados dos anos 30 volveu a aparecer coa nova normalidade no 2020 en moitos concellos galegos que programaron actividades culturais de cara á época estival. Fai uns días tamén aterrou en Salceda de Caselas, onde incluíron entre os actos con motivo do 8M unha sesión de autocine no campo de fútbol Os Agoeiros. Segundo manifestaron fontes municipais, “a actividade tivo unha gran acollida, a xente puido desfrutar do autocine nun entorno natural”. Do mesmo xeito, agradecen o labor de Protección Civil da Comunidade de Montes en Man Común de Santa María de Salceda por ceder o espazo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS