lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO PaísO 50% dos citados ao cribado masivo da Coruña non acode

O 50% dos citados ao cribado masivo da Coruña non acode

Unha mostra de saliva en xaxún é o único necesario para particiar no cribado masivo para 153.000 coruñeses e coruñesas, pero a metada non asiste á cita.

Descontento pola escasa colaboración da cidadanía no cribado masivo organizado polo Sergas na cidade da Coruña de momento. Os que non acudiron aínda poden facelo ata o xoves desta semana, aínda que xa fora de cita. O Sergas incluso permite que sexa outra persoa distinta ao citado a que acoda a recoller o frasco para facer a proba de saliva na casa.

Os sanitarios encargados de efectuar o cribado tamén están a detectar probas mal feitas a pesar de ser sinxela a súa realización.

A Coruña segue sendo a gran cidade galega que está á cabeza de todas as galegas no número de infectados pero a veciñanza non participa, como sería desexado, para detectar asintomáticos que, sen sabelo, están expandindo o virus, con gran presenza na Coruña da cepa británica, moito máis contaxiosa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS