martes, octubre 15, 2024
InicioNewsO País"A residencia Porta do Camiño é un símbolo da loita dos centros...

«A residencia Porta do Camiño é un símbolo da loita dos centros de maiores»

O presidente visita a residencia pública Porta do Camiño, que é «un símbolo» da loita dos centros de maiores contra a pandemia.

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe a residencia pública Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, da que destacou que se converteu “nun símbolo” da loita dos centros de maiores de Galicia contra a pandemia. Alí conversou cos usuarios e o persoal do centro, que lle contaron as súas vivencias durante estes meses e as suxestións de cara ao futuro.

Non en van, durante a primeira onda todos os seus residentes e traballadores trasladáronse a outro edificio, para que as instalacións de Porta do Camiño puidesen reconverterse en residencia integrada. Alí prestouse unha atención especializada aos usuarios que se contaxiaran en centros onde houbera algún gromo.

Na residencia pública Porta do Camiño non se contaxiou ningún residente desde o inicio da pandemia. Este foi tamén o primeiro centro en ser inmunizado contra a covid-19, ao recibir a primeira dose o 27 de decembro e a segunda o 17 de xaneiro. Durante a súa visita, Feijóo coñeceu persoalmente á primeira vacinada de Galicia, a brionesa de 82 anos Nieves Cabo.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS