sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsA RaiaTui e Valença construirán unha nova ponte peonil e ciclista sobre o...

Tui e Valença construirán unha nova ponte peonil e ciclista sobre o Miño

Unirá o futuro Parque Urbano Fluvial Transfronteirizo Tui-Valença, que concectará o Paseo Fluvial de Tui co Parque Senhora da Cabeza.

A Eurocidade Tui-Valença presentou está maña un proxecto ambicioso que afianzará aínda máis a relación entre ambas vilas irmás. Este consistirá na creación do Parque Urbano Fluvial Transfronteirizo Valença-Tui, que estará unido por unha nova pasarela peonil e ciclista sobre o Miño, a terceira ponte que conectará a Eurocidade.

O parque discorrerá á beira do río, conectando o Parque Senhora da Cabeça co Parque da Veiga de Ganfei, e este co Paseo Fluvial de Tui a través dunha ponte. A ruta integrará tamén a Ecopista do Rio Minho, ao seu paso por Valença. Ademais dos accesos ao inicio e ao final do percorrido, tamén haberá unha conexión na Fortaleza e xunto á ponte vella internacional. A área total de intervención rondará os 250.000 metros cadrados, cunha extensión de 5,7 km.

Sobre a nova ponte, o proxecto en estudo prevé unha infraestrutura moderan e con materiais lixeiros. Será construído por ambos municipios e pretende estruturar o espazo urbano de Valença e Tui.

Tras o estudo, a Eurocidade pretende por en marcha un concurso de ideas, xunto a arquitectos e estudos de arquitectura, para a elaboración do proxecto final, cuxo orzamento calcúlase en 5 millóns de euros, para o que buscarán financiación a través de fondos europeos; algo similar ao que xa están facendo en Tomiño e Cerveira, onde tamén teñen a intención de crear un parque transfronteirirzo.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS