lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasVal de Miñor30 denuncias por acceder en vehículos aos montes do Val Miñor

30 denuncias por acceder en vehículos aos montes do Val Miñor

A Garda Civil controlou os accesos aos montes en varias paraxes forestais da comarca para previr os danos denunciados polas Comunidades de Montes.

A Garda Civil desenvolveu esta fin de semana un dispositivo para previr o acceso incontrolo de vehículos a motor nos montes do Val Miñor. Ademais da labor disuasoria para evitar o acceso e uso indiscriminado das pistas forestais, por medio destes controis identificáronse e denunciáronse a unha trintena de condutores de motos e vehículos todoterreno, dando lugar a que se formulasen 9 denuncias por infrinxir a normativa da Lei de Montes de Galiaia que prohibe a circulación de vehículos a motor en zona forestal; 15 ao regulamento xeral de circulación e dous por incumprir o peche perimetral imposto polas restricións sanitarias.

A consecuencia deste dispositivo, a Garda Civil tamén interceptou a un menor de idade pilotando unha motocicleta de 249 cc, sen haber obtido nunca o permiso ou licenza de condución, polo que foi investigado pola vía penal por un delito contra a seguridade viaria. O menor circulaba en compaña do seu pai, que tamén pilotaba outra motocicleta.

Un dispositivo similar realizouse fai dúas semanas nos montes da Louriña a raíz das denuncias das Comunidades de Montes, que lamentaron nos últimos meses numerosos destrozos nos montes causados por quads e motos.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS