sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaMos porá en valor as tumbas dos seus primeiros marqueses

Mos porá en valor as tumbas dos seus primeiros marqueses

Busca financiación autonómica para acometer o proxecto de conservación e restauración dos sepulcros e o presbiterio, xa redactado por encargo do cura párroco David López

Un gran patrimonio cultural e histórico da parroquia e do Concello de Mos, que caera no esquecemento, volve a estar de actualidade coa intención de administración local e comunidade parroquial de poñelo en valor. Os corpos dos primeiros Marqueses de Mos atópanse enterrados na Igrexa de Santa Eulalia e ante tal xoia do arte sacro o cura párroco, David López, solicitou un proxecto de restauración, que inclúe tamén o presbiterio e que xa se atopa rematado, e para o que a alcaldesa, Nidia Arévalo, atópase buscando financiación na Xunta de Galicia.

Ata o lugar desprazáronse ambos, xunto co tenente alcalde, Camilo Augusto, para visitar os devanditos sepulcros que aínda conteñen os restos, vestimenta incluída, dos primeiros Marqueses de Mos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS