sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriña30 novas trampas contra a velutina no Porriño

30 novas trampas contra a velutina no Porriño

O Concello fixo entrega de material aos apicultores para protexer as colmeas da abella autóctona

A Concellería de Medio Ambiente, a través do seu responsable, Sergio Casal, entregou a José Porto, en representación dos apicultores do Porriño, materiais para a loita contra o avance da vespa velutina.
O concelleiro entregou 120 litros de líquido atractivo e 30 trampas para protexer as colmeas da abella autóctona e a produción do mel galego.
Sergio Casal explicou que con esta nova achega “xa hai máis de 300 trampas instaladas e distribuídas entre os produtores de todo o municipio para combater esta praga».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS