lunes, octubre 7, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoMozos da Guarda e de Oia desenvolven unha solución tecnolóxica innovadora

Mozos da Guarda e de Oia desenvolven unha solución tecnolóxica innovadora

A súa proposta “Jamii”, de creación dunha plataforma para captar fondos e recursos creando comunidade a través da difusión das súas iniciativas sociais de xeito xeolocalizado, proclámase gañadora do primeiro Hackathon en liña

Celso Gómez (área negocios), de Oia, e Eduardo Castro (desenvolvedor) Jarold Lugo (desenvolvedor), Henar Alonso (deseñadora) e Isabel Alonso (experta no terceiro sector), da Guarda, formaron o grupo que se fixo co primeiro premio do #SocialHack, o Hackaton do Terceiro Sector organizado pola Deputación de Pontevedra a través de Smartpeme.
Estes mozos proclamáronse gañadores dun concurso en liña de oito grupos multidisciplinares no que participaron unha trintena de persoas procedentes de Barcelona, Cerdanyola, A Coruña, A Guarda, Madrid, Oia, Pontevedra, Santiago, Torremolinos, Verín e Vigo.
O equipo gañador, que con este primeiro premio obtivo 2.000 euros, conseguiu a máxima puntuación (12,1 puntos) do xurado, que na súa valoración tivo en conta o grao de desenvolvemento das propostas, o deseño, a súa dificultade técnica e a presentación final.
“Jamii” consiste nunha páxina web que por unha banda permite realizar doazóns, participar en actividades de voluntariado, facerse socia/o de entidades e tamén solicitar as súas axudas. A través da xeolocalización, a plataforma redirixe automaticamente aos proxectos máis próximos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS