lunes, noviembre 11, 2024
InicioNewsO País140 denuncias por non cumprir coas medidas anti-COVID na fin de semana

140 denuncias por non cumprir coas medidas anti-COVID na fin de semana

Leváronse a cabo 86 dispositivos con 223 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da COVID-19.

 Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 86 dispositivos en 34 concellos galegos nos que foron tramitadas 140 denuncias. Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, e saldáronse con 223 persoas identificadas.

É na  provincia da Coruña onde se rexistraron máis denuncias cun total de 111 e 91 identificacións entre o 26 e o 28 de febreiro nos 24 dispositivos nos concellos de Ames, A Coruña, O Pino e Santiago de Compostela. Séguelle a de Lugo con 20 denuncias e identificáronse 65 persoas en 14 dispositivos levados a cabo nos concellos de Castro de Rei, Chantada, O Corgo, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei e Sarria.

En canto aos controis levados a cabo pola Policía Autonómica na provincia de Ourense, realizáronse 19 dispositivos que deron como resultado un total de 30 identificacións e 7 denuncias en Amoeiro, Leiro, Ourense, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Vilamarín e Xunqueira de Ambía. E na provincia de Pontevedra, nos 29 dispositivos realizados en Baiona, Cuntis, A Estrada, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Nigrán, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Soutomaior, Vigo e Vilaboa rexistráronse 2 denuncias e identificouse a 37 persoas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS