lunes, mayo 29, 2023
Google search engine
InicioComarcasO CondadoGran afluencia no primeiro día de apertura do Parque infantil de Salvaterra

Gran afluencia no primeiro día de apertura do Parque infantil de Salvaterra

O Concello de Salvaterra de Miño vén de anunciar a apertura do parque infantil da Canuda «pola baixa incidencia de contaxios en COVID-19 no municipio»

No primeiro día de apertura da zona infantil da Canuda, centos de nenos e de nenas acudiron aos bambáns e aos tobogáns, aproveitando tamén as boas temperaturas e, no paseo fluvial que comunica o parque coas termas, había concorrenciai de persoas realizando deporte ou camiñando.

 Así, o goberno de Salvaterra de Miño decide abrir a zona destinada aos cativos e ás cativas. Iso si, estará aberta  de luns a sábado con fin de que non se produza agolomeracións posto que, segundo indican, «o municipio atópase no punto de mira de posibles centos de turistas de cara á fin de semana, o que supón un risco  moi elevado na propagación da COVID-19» . Así que, neste sentido, o goberno decide tamén pechar o recinto os domingos.

O goberno de Salvaterra de Miño contextualiza esta decisión na actual situación da pandemia da COVID-19 que, aínda que é certo que a incidencia está baixando notablemente, «hai que continuar na liña da prudencia e actuar con sentidiño». 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES