sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasO CondadoPonteareas recoñecerá ás mulleres que romperon barreiras no mundo do deporte

Ponteareas recoñecerá ás mulleres que romperon barreiras no mundo do deporte

As rúas de Ponteareas acollerán unha exposición fotográfica a partir do 1 de marzo.

A Concelleira de Igualdade, Verónica Carrera, retoma a Homenaxe á Muller que por mor da pandemia hai un ano, non puido celebrarse. A Homenaxe deste ano, adáptase por responsabilidade á situación sanitaria que estamos vivindo, dando a coñecer ás mulleres da nosa vila cunha exposición polo casco urbano. O obxectivo é o recoñecemento da labor realizada polas mulleres de Ponteareas, tanto a nivel persoal, laboral ou social, así como pola súa repercusión no termo municipal, no núcleo urbano ou no rural.

Co motivo do vindeiro 8 de marzo, día no que internacionalmente recordamos a importancia e a aportación das mulleres en tódalas súas facetas, “pretendemos que se visibilice por igual os logros acadados polas mulleres coa finalidade de rematar coas discriminacións, estereotipos de xénero e situacións inxustas derivadas da sociedade patriarcal”, explica a concelleira.

Neste ano 2021, Ponteareas retomaŕa o recoñecemento en concreto á traxectoria deportiva, valorando o esforzo persoal e a superación das dificultades e barreiras, daquelas mulleres de Ponteareas pioneiras en diferentes modalidades totalmente masculinizadas ao longo da historia.

Por este motivo á homenaxe á muller deste ano 2021, que saírá as rúas da nosa vila cunha exposición fotográfica a partir do 1 de marzo, dará a coñecer as mulleres da nosa vila que  conseguiron destacar nas disciplinas deportivas do taekwondo, do ciclismo, fútbol, atletismo e balonmán. 

A concelleira nacionalista, Verónica Carrera, lembra a importancia de traballar a diario a prol da igualdade deseñando políticas que ofrezan accións de respaldo ás mulleres como as recollidas no plan de igualdade do Concello de Ponteareas, pero que sexan tamén extensivas a toda a cidadanía porque a igualdade é cousa de toda unha sociedade. “É preciso traballar en conxunto con estratexias que abarquen a todas as idades e colectivos con accións específicas para cada sector e que todas teñan un fío condutor, unha sociedade comprometida coa igualdade”, sinalou Carrera.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS