sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísGalicia pon en marcha un programa con medidas específicas para reactivar o...

Galicia pon en marcha un programa con medidas específicas para reactivar o comercio de proximidade

Cun orzamento de 20 millóns de euros, o programa contempla medidas en dous grandes ámbitos para impulsar a transformación dixital «e o consumo nas tendas con bonos desconto», segundo dixo o presidente galego, Alberto Núñez Feijoo.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa de Consello, que nas próximas semanas se porá en marcha un programa con medidas específicas para reactivar o comercio de proximidade, que contará cun investimento de 20 M€. Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta explicou que este programa, que se está a ultimar co sector, contemplará medidas en dous grandes ámbitos. Por unha banda, dixo, iniciativas que impulsen a súa transformación dixital, cunha aposta clara polo comercio en liña. 

E, por outra, engadiu, axudas para dar resposta ás necesidades máis inmediatas e contribuír a impulsar o consumo nas tendas. Sobre este último punto, Feijóo adiantou que se poñerá en marcha un programa de bonos desconto para mercar no comercio local. Son medidas encamiñadas a paliar a situación dunha actividade clave para a economía e o emprego duramente afectada pola pandemia e polas súas consecuencias.

Desescalada gradual e medida

En relación ao proceso de desescalada que se inicia mañá, o presidente da Xunta solicitou á cidadanía un novo exercicio de responsabilidade individual e colectiva para non retroceder nos avances. Por último, anunciou que, co ánimo de seguir aliviando as restricións, a partir desta fin de semana os maiores das residencias que recibisen hai máis de 10 días a segunda dose da vacina poderán realizar un máximo de dúas saídas á semana de ata dúas horas cada unha para dar algún pequeno paseo. Ademais, as visitas (que seguirán sendo tres á semana de dúas persoas de referencia) poderán desenvolverse en espazos exteriore.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES