sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísGalicia freará o crecemento de novas superficies dedicadas ao eucalipto

Galicia freará o crecemento de novas superficies dedicadas ao eucalipto

O presidente, Alberto Núñez Feijoo, explica que “é unha decisión pensada, meditada e contrastada, coa maior parte do sector a favor e que facemos por responsabilidade”

Galicia freará o crecemento de novas superficies dedicadas ao eucalipto no seu obxectivo de acadar un Monte galego 2040 diversificado. Así o anunciou hoxe o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa do Consello da Xunta. Neste sentido, o presidente explicou que o Goberno galego deu luz verde á procura de diversificación dos montes galegos ata o ano 2040. “Diversificar, protexer, potenciar máis frondosas, máis coníferas”, dixo, ao que engadiu que Galicia non pode seguir crecendo con superficie nova de plantación de eucalipto.   

No que se refire a esta medida, Feijóo fixo fincapé en que “é unha decisión pensada, meditada e contrastada, coa maior parte do sector a favor e que facemos por responsabilidade”, explicando que se adopta logo de estudar distintas variables e previsións da demanda de eucalipto. Ademais, incidiu en que “non se trata de prohibir os eucaliptos que xa están plantados de forma legal, trátase de prohibir que se sigan plantando eucaliptos en lugares onde non os hai”. Así, aseverou que esta decisión non suporá en ningún caso a legalización de plantacións ilegais desta especie, “o que é ilegal seguirao sendo”.

Pola súa banda, trasladou que os propietarios de montes de plantacións legais de eucaliptos poderán seguir traballando con normalidade e replantar con esta especie. No caso dos propietarios de terreos que non estean plantados, o Goberno galego pedirá que non se planten eucaliptos “porque esa madeira cada vez valerá menos e porque non podemos permitírnolo desde o punto de vista do ecosistema”, incidiu o presidente.

Medidas no DOG

Ademais, nesta mesma liña o conselleiro de Medio Rural, José González, avanzou tamén que mañá mesmo o Diario Oficial de Galicia publicará dúas medidas de apoio e impulso a estas políticas. Trátase, por un lado, da orde de modelos silvícolas, que establece ata 38 formas diferentes de xestionar os nosos bosques, con indicacións claras e concretas sobre como plantar, que labores de mantemento e silvicultura (podas, rareos) realizar e cando e como hai que levalas a cabo. Así mesmo, informan sobre as quendas máis idóneas para o seu aproveitamento sustentable e posterior rexeneración e sobre a intensidade de xestión que supón a súa aplicación para os seus titulares, así como o grao de resiliencia do modelo aplicado.  

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS