jueves, febrero 29, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño da os primeiros pasos para lograr unha residencia

Porriño da os primeiros pasos para lograr unha residencia

O concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso, formuloulle esta proposta ao director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González, nunha xuntanza telemática na cal tamén demandou maior partida orzamentaria para o SAF

 

O edil mantivo unha videoconferencia co responsable autonómico na que lle propuxo «traballar xuntos para lograr unha residencia de xeriatría no Porriño que actualmente carecemos para satisfacer as necesidades dese sector da poboación». David Alonso sinalou que o primeiro paso será unha próxima reunión co Consorcio Galego de Benestar Social para avaliar as posibilidades.



Na mesma xuntanza telemática, Alonso trasladoulle «a urxente necesidade» de que a Xunta de Galicia amplíe a súa participación para sufragar os gastos do SAF (Servizo de Axuda no Fogar). «Na actualidade, este gasto que asumimos supón unha carga extraordinaria para o Concello do Porriño, polo que precisamos que a administración autonómica revise e aumente a súa contribución como demandan, tamén, outros concellos», explicou o edil asegurando que González “me recoñeceu que a actualización é necesaria, dános a razón pero que, para este ano, a Xunta non poderá acometela por motivos orzamentarios”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES