sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO PaísAprobada a Lei de Saúde que permite multar por non vacinarse

Aprobada a Lei de Saúde que permite multar por non vacinarse

O PPdeG aprobou en solitario no Parlamento galego a reforma da Lei de Saúde de Galicia, a primeira de España que permite sancionar a quen se nege a vacinarse sen xustificación. BNG e PSdeG votaron en contra e advierten da súa «inconstitucionalidade».

O deputado do PSdeG, Xulio Torrado:

 

A deputada do BNG, Iria Carreira:

A deputada do PPdeG, Encarnación Amigo:

A maioría absoluta do PPdeG permitiulle aprobar a reforma da Lei de Saúde galega. BNG e PSdeG votaron en contra. A gran novidade da reforma son as  multas de entre 1.000 e 600.000 euros para as distintas infracións, entre elas negarse a vacinarse inxustificadamente.

O PPdeG defende que a lei busca dotar a Administración galega de de capacidade para adoptar medidas con apoio legal. A norma inclúe medidas preventivas  en períodos de pandemia como a limitación da mobilidade e dos horarios e ocupación no caso dos establecementos, o peche de empresas, a prohibición de beber na vía pública, ou o peche perimetral de certas zonas.

Os partidos da oposición criticaron, durante o debate desta proposición de lei, a «vacinación obrigatoria». Creen que a reforma da lei ten difícil encaixe legal, que está a quitar competencias ao Congreso e ao Senado e que aborda un problema de saúde como de orde pública.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS