viernes, marzo 29, 2024
InicioO PaísOurenseDúas mulleres lideran o goberno de Ribadavia tras unha moción de censura

Dúas mulleres lideran o goberno de Ribadavia tras unha moción de censura

O partido socialista arrebátalle a alcaldía de Ribadavia ao PP cunha moción de censura apoiada por Ribeiro en Común.

A  moción de censura votouse este martes e a nova alcaldesa de Ribadavia xa é a ata agora edil socialista Noelia Rodríguez. A tenente alcalde, outra muller, Paula Rodríguez, de Ribeiro en Común.

Ambas formacións decidiron conformar un goberno encabezado por mulleres argumentando graves incumprimentos durante meses do  executivo local liderado por el «popular» César Fernández.

Perda de confianza nel, incapacidade para lograr verdadeiros investimentos e chegar a entendemento coas forzas da oposición. Apostan agora por un goberno progresista que vele polos  intereses de Ribadavia e da súa veciñanza.

César Fernández gobernaba en minoría desde as eleccións municipais de  2019, con cinco concelleiros. O PSOE, con catro edís, e  Ribeiro en Común, con tres, sumaron a maioría necesaria. O edil do BNG abstívose.

Simpatizantes do xa ex-alcalde César Fernández acudiron a darlle o seu apoio mostrando pancartas con palabras de agradecemento pola súa labor.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES