sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasVal de MiñorUn veciño de Baiona elude sete multas entregando datos falsos

Un veciño de Baiona elude sete multas entregando datos falsos

A Garda Civil investigao por notificar identidades falsas sobre o conductor do seu vehículo, co que el mesmo cometera varias infraccións.

Un veciño de Baiona, de 50 anos, foi denunciado pola Garda Civil por entregar datos falsos do condutor do seu vehículo para eludir o pago de varias multas.

A raíz das investigación realizadas polo Grupo de Investigación e Análise da Agrupación de Tráfico coñeceuse que este veciño de Baiona facilitara ata en sete ocasións a identidade de outras persoas con motivo de varias infraccións administrativas relacionadas coa seguridade viaria, cometidas cun vehículo da súa propiedade. O montante das sancións ás que debería facer fronte ascende a 1.900 euros, ademais da perda de 15 puntos do permiso de conducir.

En todos os casos facilitaba a identidade de outra persoa, pero facendo constar o seu propio domicilio, de forma que os expedientes tramitados pola Xefatura de Tráfico chegaban á súa casa e eran recollidas pola súa muller para despois realizar as conseguintes alegacións ata que se ultimaba o procedemento coa resolución sancionadora correspondente.

Precisamente por esta colaboración da súa muller, tamén esta foi notificada como investigada pola súa participación neste mesmo delito.

As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de Garda de Vigo, onde deberan comparecer estes dous veciños de Baiona cando sexan requeridos. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS