sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño retoma o mercado ambulante dos martes

Porriño retoma o mercado ambulante dos martes

68 vendedores montaron o seu posto hoxe. A intención é que con esta reanudación se volva a celebrar con quendas ao 50%

Así, este martes instaláronse os vendedores con postos impares e o vindeiro martes, 2 de marzo, corresponderá aos que teñan un número par.
A feira ou mercadillo volve celebrarse logo de tres semanas suspendido por decisión municipal e tendo en conta os datos e as restricións derivadas da pandemia da Covid.
Sergio Casal, concelleiro de Mercados, valorou «o resultado da reanudación dun xeito satisfactorio». Así, considerou «moi positivo que os vendedores ambulantes poidan volver ao traballo e a vila se revitalice de novo» e eloxiou «a colaboración dos vendedores na observación das medidas de seguridade e distancia».

En Salceda, este mércores

E na veciña localide de Salceda de Caselas tamén voltará ao completo o mercado ambulante. Será mañá, mércores 24 de febreiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS