martes, octubre 15, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño creará unha bolsa de emprego na automoción

Porriño creará unha bolsa de emprego na automoción

O concelleiro de Emprego, David Alonso, está a manter reunións telemáticas con empresas do sector da automoción con diversas propostas de colaboración que inclúen o establecemento dunha bolsa de emprego regular en atención ás necesidades do sector da automoción na comarca.

Asistiron á primeira reunión representantes das empresas “Ti Automotive”, “Tbsi Injectión”, “Magna Seating” e “Gestamp.”
Os contactos estabelécense a través do programa “Porriño Accede” aproveitando a colaboración mutua que manteñen desde hai tempo o Concello e este sector tan importante na economía local.
“Porriño Accede” é un programa dirixido a persoas desempregadas que ten como obxectivo proporcionar formación e prácticas en empresas cara a súa inserción laboral.
Dende o ano 2017 e por quinto ano consecutivo, empresas da automoción e o Concello colaboran con este cometido. A Concellería de Emprego e Formación propuxo un ciclo de reunións virtuais para tratar cuestións relativas ao Programa, que inclúen a creación desa bolsa de emprego regular.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS