jueves, febrero 29, 2024
InicioNewsO PaísUn home de 35 anos mata a unha muller de 22 en...

Un home de 35 anos mata a unha muller de 22 en Ourense

A coiteladas ata a morte. Un veciño de Ourense de 35 anos matou a unha muller de 26 anos esta madrugada e deixou ferido de gravidade á súa parella.

Ela está morta e a súa parella, de 26 anos, tivo que ser intervido de urxencia polas feridas que presentaba.

A Policía Nacional investiga as causas deste grave suceso ocorrido na parroquia de Velle, no municipio de Ourense, de madrugada.

Unha muller de 22 anos faleceu e a súa parella, un home de 26, atópase en estado grave tras o presunto ataque sufrido por parte dun veciño na zona da Batundeira, antes das  5.00 horas.

O presunto autor, de 35 anos de idade, xa está detido.

O presunto homicida se achegou á casa dos seus veciños ao redor das 4 da madrugada e, tras abrir a porta, abalanzouse sobre eles e acoitelounos. A moza morreu polas graves feridas e o mozo está no complexo hospitalario da capital.

Efectivos policiais trasladáronse ata o lugar, ao igual que o xuíz de garda.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES